ÉRASE UNHA VEZ DÚAS VECES


 

Érase  unha vez dúas veces é unha nova proposta para reinventar as historias clásicas cheas de actitudes, ensinanzas e morais anticuadas, denigradas e en moitos casos rozando o machismo e as actitudes desiguais entre homes e mulleres.

A proposta é reescribiron algún dos  contos clásicos, Brancaneves, Carapuchiña Vermella e Cenicienta. Volve escribir a historia mantendo  a maxia, a fantasía, pero prescindindo da violencia, do sexismo, da desigualdade e do culto á beleza.

Para facer a tarefa segue estes pasos:

1. Elixe un conto clásico.

2. Analiza os valores sexistas segundo o modelo.

    Personaxes.


    Quen protagoniza a historia?


    Algunha vez aparece unha muller?


    Número de personaxes femininos e masculinos.


    Importancia e prestixio dos personaxes masculinos e femininos


    Os traballos domésticos son feitos só por mulleres?


    As tarefas remuneradas fóra do fogar son realizadas só por homes?


    A muller aparece como un obxecto sexual?


    Os deportes, a ciencia, a aventura son sempre os homes?


    A coraxe, a toma de decisións, a responsabilidade, a ambición, a valentía, o éxito profesional, é exclusivo dos homes?


    O medo, o choro, as emocións, o coidado das demais persoas, a afectividade, a sensibilidade, é exclusivo das mulleres?


    O obxectivo final do personaxe feminino é casar ou atopar un home como parella?


    A actividade pertence aos personaxes masculinos e a pasividade aos personaxes femininos?


    Fárase fincapé nas características físicas dos personaxes femininos?


    É SEXISTA O CONTO QUE ELIXICHES?



3. volve estruturar o conto empregando o mapa mental.


4. Reescribe o novo conto comezando coa frase: ÉRASE UNHA VEZ DÚAS VECES

 

Aquí os resultados:


 








Comentarios

Publicacións populares