JIMENA NA FESTA DA POESÍA

 O 3 de decembro A Estrada celebrou a súa festa poética no Teatro Principal. Un acto que se completou coa entrega do XXV Premio de Poesía Avelina Valladares que recibiu o autor Manuel López. Tras este acto, varias persoas do mundo escolar e sanitario recitaron un poema coa música de Xiana Lastra, Andrea Porto e Marcela Porto.

Unha desos escolares foi a alumna de 5º Jimena Conde Codesido co poema OS SOLPORES de Antonio G. T eijeiro.

Os solpores

Os solpores teñen ollos
negros, grises e vermellos,
que aloumiñan ás mociñas,
aos rapaces e aos máis vellos.


Os solpores teñen ollos
solermiños, rebuldeiros,
que danzan coa paisaxe
nos veráns e nos invernos.

Os solpores teñen ollos
misteriosos, mentireiros
que deitan o seu rubor
encol dos soños baleiros.


Mirade que ben o fixo:






Comentarios

Publicacións populares