FLIPBOOK DE GRAMÁTICA



O Flipbook de categorías gramaticais é un pequeno libro onde se explican visualmente e se resumen os aspectos máis destacados das distintas clases de palabras que atopamos en gramática.
 
Pode ser un recurso moi versátil, xa que se pode utilizar como material de consulta na aula, pódese entregar un por alumno e poden empregalo como ferramenta de estudo e repaso.

Empregamos o flipbook para facer análises gramatical cada venres.
Como tema motivador vemos a efeméride dese día, vemos algún feito importante acontecido ese data e analizamos frases sobre ese feito.
Como exemplo móstrovos o análise do 18 de marzo.

O 18 de marzo de 1314, Jacques de Molay, o último Gran Mestre da Orde do Templo, foi queimado vivo na fogueira fronte á catedral de Notre Dame en París. 

Neste enlace podedes ver a súa historia:

https://historia.nationalgeographic.com.es/a/muerte-hoguera-ultimo-gran-maestre-templario_14033

Neste enlace atoparedes a historia dos templarios:

https://gl.m.wikipedia.org/wiki/Orde_do_Temple

Agora, analiza no teu caderno estas frases. Non te esquezas de subliñar de vermello o suxeito e de azul o predicado.

  1. Jacques proclama a inocencia da Orde e maldí aos culpables 
  2. O 18 de marzo de 1314 morre na fogueira o último Gran Mestre templario.
  3. O rei Felipe IV solicitara á Orde do Templo varios préstamos que non puido devolver.
  4. Os templarios foron uns militares que se organizaban en confraría non cun fin de botín senón relixioso.




 

Comentarios

Publicacións populares