MICROPOEMAS

 



Os de quinto presentámonos ao concurso de Micropoemas da Estrada. Tiñámos que crear un poema en galego coa palabra INFINDA.
Debía constar dun mínimo de 2 versos e un máximo de 8.
A definición de infinda é:
infindo, infinda 
  1.  Que non ten fin, que carece de límites. É infindo o Universo? 
  2. Que é de tal dimensión, intensidade, ou que existe en tal cantidade, que non se pode medir nin contar. O mar infindo. Tenlle un cariño infindo aos seus. 
  3. SINÓNIMOS enorme, inmenso.

Os pasos que seguimos foron os seguintes:

  1. Elixe unha emocion e ponlle o adxetivo: infinda. Busca unha emoción no universo emocional. Exemplos: teima infinda, alegría infinda... 

  1. Agora pensa nunha situación na que ti ou outra persoa pode ter esa emoción.

  1. Cubre o cadro con palabras claves e busca as rimas correspondentes.


Palabra clave

Rima

Quen o sinte



Cando



Onde



Que




Os resultados foron espectaculares, tanto que unha das gañadoras dos micropoemas foi a nosa Jimena.






Comentarios

Publicacións populares