23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

 o 23 de abril foi o día do libro. Na clase para celebralo fixemos un montón de actividades chulas. 

  • Marcapáxinas personalizados 
  • Book blackout poesía ( un novo descubrimento que nos encanta)
  • Decorar o cole con libros e perchas
  • Mercadiño de libros

 

MARCAPÁXINAS PERSONALIZADOS.

Fixémos uns marcapáxinas cos nosos nomes e unha palabra que nos definía.

 


BOOK BLACK POESÍA

A poesía de apagón (Blackout Poetry) ou tamén chamada destrución creativa ou poesía escura, consiste en ocultar as palabras que non son necesarias dunha páxina de libro (xornais, revistas) e deixar visibles, só aquelas, que formarán parte do teu poema. Esta é a creación do autor, debuxante e deseñador web Austin Kleón, quen chegou a utilizar esta técnica para superar un grave caso de bloqueo do escritor usando xornais antigos. Este foi o noso resultado.


LIBROS EN PERCHAS

Tamén trouxemos cadan súa percha con un libro que nos gustara moito e colgámolas polas paredes do colexio. Quedou xenial!


MERCADIÑO DE LIBROS

Cada neno do cole trouxo un libro que xa non usaba para o mercadiño, deuselle diñeiro por ese libro e cada neno empregou ese diñeiro para mercar outro libro...a idea é darlle unha nova vida aos libros.




Comentarios

Publicacións populares