CAMIÑO CIRCULAR

No mes de decembro o noso colexio, CEIP Manuel Villar Paramá, participou no concurso Camiño Circular. Esta é unha iniciativa para concienciar sobre o consumo de proximidade e a producción local. Tódalas aulas participaron nas diferentes modalidades que ofrecían: micropoemas, microrelatos ou debuxo.

Os gañadores da nosa clase foron Brais Guerra, na modalidade de micropoemas, e Rosalía Mazás, no apartado de microrrelatos.


 

-Microrrelato de Rosalía:

Contan, que me contaron que fai un tempo no Mirador do ulla no alto de castro veuse por alí unha píntega de lume. A píntega fai tempo fóra unha persoa, coma outra calquera , que un día coma outro calquera foi ao mercado do camiño circular para mécar alimentos ecolóxicos da Estrada. Pero de camiño veu uns mexillóns moi apetitosos á metade de prezo, foi e comprounos. Deuse de conta de que viñan de moi lonxe, e tiñan moitos máis conservantes e colorantes dos permitidos por lei. Comeunos e en ese momento caeu no chan convertido en píntega pola maldición do mexillón. Dende entón nunca máis volveu a comer alimentos que non foran da Estrada . E con pan e pementos da Estrada todos contentos con esta lenda.

- Micropoema de Brais Guerra:



As troitas do ulla

Marca ás 12 a agulla,

vou pescar ao Río Ulla.

Cando salgo da aldea,

cruzo Ponte Vea

Chego a Xirimbao, do couto de pesca

miro dos lados, un río xigantesco.

Pesco calquera peixe que pica

a troita ...está ben rica.

 

Aquí deixamos as diferentes creacións de todos os alumnos e alumnas de quinto:

- Poemas:

 

- Microrrelatos:

Comentarios

Publicacións populares