O UNIVERSO



Nesta ocasión tocou estudar o universo.

O Universo é máis comunmente definido como todo o que existe fisicamente: a totalidade do espazo e do tempo, de todas as formas da materia, a enerxía e o impulso, e as leis e constantes físicas que as gobernan. A grande escala, é o obxecto de estudo da cosmoloxía, que se basea na física e na astronomía, aínda que algúns dos temas de estudo bordean a metafísica. O Universo comprende todo o que ten existencia dentro dunha determinada clase de obxectos ou entidades. Hoxe en día, os expertos non están de acordo sobre se é posible (en principio) de chegar a observar a totalidade do Universo.

Universo é unha palabra derivada do latín que á súa vez provén de unus ('un', no sentido de 'único') e versus ('desenvolvido, posto xunto'). Con todo, o termo "universo" pode ser utilizado en sentidos contextuais lixeiramente diferentes, para referirse a conceptos como o cosmos, o mundo ou a natureza.

Observacións astronómicas indican que o universo ten unha idade de 13,73 ± 0,12 millardos de anos e polo menos 93 000 millóns de anos luz de extensión.O evento que se cre que deu inicio ao universo denomínase Big Bang. Naquel instante toda a materia e a enerxía do universo observable estaba concentrada nun punto de densidade infinita. Despois do Big Bang, o universo comezou a expandirse para chegar á súa condición actual, e continúa facéndoo. 

Como resultado do noso traballo temos este lapbook e unhas exposicións orais sobre o aprendido.

 


 






 

Comentarios

Publicacións populares